miércoles, 19 de noviembre de 2014

PHILAE ATERRA NO COMETA 67P



O 12 de novembro ás 17:03 h(GMT), o módulo Philae, despois de separarse da sonda espacial Rosetta, aterrou sobre a superficie do cometa 67P / Churyumov-Gerasimenko.

Philae tomará fotos en primeiro plano da superficie do cometa, analizará os seus gases e a súa estrutura interna. Tamén o acompañará na súa travesía de aproximación ao Sol e documentará as súas transformacións, algo que nunca se intentara ata agora.

Os cometas son os obxectos máis primitivos do Sistema Solar. Os astrónomos pensan que son unha "caixa negra" cos rexistros dos procesos físicos e químicos que aconteceron durante esas épocas primixenias, hai 4600 millóns de anos, cando se estaban a formar os planetas.

É a primeira aterraxe nun cometa na historia da navegación espacial; a nave comezou o seu periplo hai dez anos e viaxou 6400 millóns de quilómetros a través do espazo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario