viernes, 9 de noviembre de 2012

domingo, 23 de septiembre de 2012

Chegou o novo curso, os novos trasniñ@s de 1º están moi animados, con ganas de aprender cousas e facendo algunha que outra trasnada.

miércoles, 14 de marzo de 2012

TALLER DE ESCRITURA

Despois de ler "O meu gato é un poeta" de Fran Alonso, gustounos moito, e seguindo o mesmo esquema fixemos a nosa propia versión.

Son unha nena.

Unha nena con chandal.
Unha nena chalada.
Unha nena controlada.
Unha nena enfadada.
Unha nena adormilada.
Unha nena xeada.
Unha nena coronada.
Unha nena poeta.
De certo.
Que sí.
E gústame xogar na neve

Candela recitando o poema:

lunes, 27 de febrero de 2012

DIA DA PAZ

Os nen@s de 1º ciclo de Primaria escribimos poesías e montamos un mural cos nosos caligramas.

A Paz non é cousa dun día
un día para compartir amor
amor para os amigos
amigos para sempre.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Escoitade meus amigos
como chora a pandereta
porque non moi lonxe de aquí
os homes están na guerra.



Ao patio do meu colexio
chegou a pomba da Paz
meniños e meniñas ímola agarimar
e que leve polo mundo
as nosas mensaxes de Paz


Tiremos as pistolas
xuntemos as nosas mans
que rematen as guerras
e que todos vivamos en Paz.

Que só cheguen boas novas
polo aire e polo mar coa brisa,
boas novas sen parar.



Cala, cala pandereta,
cala e non chores máis
que os nenos e as nenas de Marcón
imos conseguir a Paz.