miércoles, 30 de enero de 2019

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Celebramos o Día Escolar da Paz e Non Violencia o 30 de xaneiro de cada ano en recordo da morte  de Mahatma Gandhi, un dos grandes defensores da Paz no mundo, que morreu asasinado o 30 de xaneiro de 1948.

Pero... quen era Ghandi?

Mohandas Karamchand Gandhi naceu o 2 de Outubro de 1869 en Porbandar, India. Foi un dos máis respectados líderes espirituais e políticos do século XX. Gandhi axudou á India a independizarse do goberno colonial inglés a través da resistencia pacífica, e é considerado pola súa xente como o “Pai da Nación India”. Os indios chamaron a Gandhi Mahatma, que quere dicir “Alma Grande”.
Consideraba que as inxustizas sociais debían ser combatidas fortemente, pero non dun xeito violento, senón provocando un cambio de mentalidade nos seus opoñentes.

  
“A Humanidade non pode liberarse da violencia máis que por medio da non violencia.”

"Co puño pechado non se pode intercambiar un apertón de mans."

“Ollo por ollo e todo o mundo acabará cego.”

“Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño”Dibujo para colorear Mahatma GandhiDibujo para colorear Mahatma Gandhi